We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Edificios

by wordsnoise

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Edificios 08:35
Teño diante de min edificios detrás deles hai máis edificios e detrás destes outros moitos máis e así sucesivamente forman auténticos muros colosais nos que estamos internxs entre eles hai vías para que camiñemos nas mesmas direccións e enderezos e lévannos aos mesmos lugares arrodeados de muros de edificios liñas eléctricas e antenas bordéannos péganse a eles vaise transportando a información de todxs xs internos que vivimos neses muros que conforman edificios sons de sirena da policía e ambulancias indícannos que non podemos rebasar os límites conformados por eses edificios e as súas normas decididas en outros edificios hiperprotexidos. podemos facer, ás veces, escapadas á natureza devastada ou a outras cidades cheas de muros-edificios adornadas con luces e grilandas nas vías das cidades ao pé dos edificios completamos o decorado de cemento xs viandantes introducidos en vehículos cadaquén, normalmente, vai ao seu sen importarlle máis alá do seu núcleo, da súa secta o que fan ou deixan de facer xs demais. a non ser que incumpran as normas ou rebasen os límites preconfigurados nos edificios hiperprotexidos esas normas apróbanse e se desaproban impostadamente para poder mobilizar ao fluxo da produción que a metade da poboación crea en edificios hiperprotexidos non habitables senón laborables. é dicir destinados á produción e ao traballo que realizan xs cidadáns/ás que viven nos muro-edificios que teñen que pagar para poder habitar ese traballo é xestionado por moi poucxs cidadáns/ás que acaparan o capital quedando con unha suma brutal de outrxs cidadás/áns que non teñen case para pan estes non se poden escapar nin a natureza devastada, normalmente, nin a outras cidades feitas de edificios-muro para poder contemplar o espectacular das luces as grilandas e a comida a esgalla. durante todo o ano xs viandantes circulan ata os edificios para producir outrxs circulan sen rumbo ou en círculos centrífugos ou centrípetos moitxs cidadás/áns están internos nos seus muros ollando para os muros dunha pantalla ou para os muros de varias pantallas. cáseque todxs xs cidadás/áns desde hai uns cantos anos saéulles un apéndice no seu corpo. é un apéndice móbil ás veces está na man esquerda outras na dereita, no peto do pantalón ou da chaqueta ou do bolso. no muro-edificio no propio compartimento x cidadá/án pousa ás veces este apéndice dalle algo de descanso. o problema é que x cidadá/án cada vez descansa menos. é explotado polxs poucxs cidadás/áns que acaparan o capital. ou senón autoexplótase as si mesmx. camiña rápido x viandante porque pensa que chega tarde e algunhas veces non o agarda nada nin ninguén. x cidadá/án-internx que non sae de casa por non poder producir mira polo cristal do muro e observa xs viandantes, observa o sol ou a chuvia e retorna á pantalla. hai viandantes que o son sempre non teñen muro onde internarse todos os seus muros son externos durme na vía, nun banco ou na comisaría. para poder compensar este mal vivir xs internxs, viandantes e demais explotadxs por dentro e por fóra alíanse, como dicía, con outrxs viandantes e internxs intérnanse xuntxs, van pola vía xuntxs ou consumen xuntxs que é a forma máis plausible dunha suposta felicidade que teñen. hai que darlle saída á produción que elxs mesmxs xeneran e así en pequenos instantes con outrxs viandantes ou internxs dos muros-edificios sorrín, rín etc algúns/algunhas son capaces de crear mundos propios nesa vida intramuros e desa maneira mitigan sufrimentos e xenreiras que case sempre cuspen cara si mesmas ou os seus semellantes. os muros medran e hai moita xente doutros mundos que queren vivir dentro deles non queren estar doutro lado onde hai guerras e miseria creada polo mundo dos muros son xs piores escravxs ás/aos que se lles rouba todo o material para contruír os edificios e o capital os límites e as normas dxs que rexen os edificios hiperptrotexidos impiden que podan internarse nas nosas cidades maiormente. dentro do noso mundo-muro-edificio aínda que queren convencer dos adiantos en materia de muro todo lembra a muros pasados e así estamos. na terra media con alzados e plantas cada vez menos naturais cada vez máis de plástico só fai falla que inventen coa súa tecnoloxía punteira as plantas de plástico carnívoras sería toda unha revolución que seguro anunciarían dentro dos muros internos na televisión, no móbil ou no computador.

about

Gravado no lokal planetarium en plena pandemia no ano 2020.
Este audio foi incluído no vídeo de Adriana Pérez (expoplanetarium.net) do mesmo título "Edificios" e aloxado en youtube no enderezo: www.youtube.com/watch?v=4OQqmd26P6s

credits

released April 3, 2024

license

all rights reserved

tags

about

wordsnoise Spain

Ruído...
Case poesía. Palabras irrelevantes, recheo, distorsión..

contact / help

Contact wordsnoise

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like wordsnoise, you may also like: